A exposición “Cantantes Líricas Gallegas dos siglos XIX y XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África”, comisariada polo Prof de Historia da Música da USC, Javier Garbayo, xunto coa Profra. da UNIR, Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno, que poido visitarse no Salón artesoado do Colexio de Fonseca durante o mes de outubro, ata o pasado 16 de novembro, emprende agora unha viaxe virtual pero medio das novas tecnoloxías.
Se o seu obxectivo foi recuperar para a nosa cultura e coñecemento da cidadanía, a memoria de 23 mulleres, todas elas grandes cantantes líricas galegas, a través dun formato atractivo baseado en paneis informativos ilustrados, organizados como un gran decorado teatral, non faltou un apàrtado específico de actividades didácticas interactivas dixitais, deseñadas por un equipo de especialistas en colaboración co Grupo de investigación TECNOEDUC e baixo a coordinación da Profa. Laura Touriñán.
Afondando na transferencia do coñecemento e para estender o alcance da mostra presencial, está dispoñible unha visita inmersiva á mostra utilizando Realidade Virtual. A creación desta nova actividade é posible grazas á colaboración co CESGA, reproducíndose unha boa parte dos materiais da exposición, accedendo a ela dende un navegador web por medio de dispositivo móbil ou de sobremesa.
A Área de Elearning do CESGA deseña e experimenta con ferramentas de Realidade Aumentada e Realidade Virtual para o seu uso educativo, dende fai varios anos, no marco de Proxectos Europeos de Innovación Educativa. Esta colaboración co CESGA permite ademais, o acceso directo ao conxunto de actividades didácticas interactivas dende a propia visita virtual, cun amplo despliegue de recursos onde tamén se utiliza Intelixencia Artificial xenerativa.
Deste xeito procurase dotar á exposición dun formato atractivo que permita “xogar” mergullando nos seus contidos, facéndoos máis atractivos e accesibles para o público novo.