Proxectos

O “Álbum de Galicia” do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Fanny Garrido, investigación a cargo de Laura Touriñán Morandeira

Literata pioneira e interesada no progreso de Galicia e no benestar social

De ascendencia española-mexicana, Francisca Claudia Josefa Antonia González-Garrido y García -coñecida polo nome de Fanny Garrido e polo pseudónimo “Eulalia de Liáns”-, nace o 30 de outubro de 1842 na cidade da Coruña, froito do matrimonio entre o Primeiro Médico do Hospital Militar da Coruña, Francisco de Borja González Garrido del Amo, natural de Vilafranca do Bierzo, e Josefa García Cuenca, oriúnda de México. Neta por liña paterna do médico leonés Agustín González Garrido e da castelá manchega Ana María del Amo, foi a menor de tres irmás: a primoxénita, Ana, naceu en Madrid en 1838, e a mediana, Enriqueta, en San Sebastián dous anos despois. A familia ao completo atoparía estabilidade residencial na cidade da Coruña, onde se criaron as tres nenas, que recibirían unha sólida educación en cultura e linguas, propia da burguesía…