Proxectos

O “Álbum de Galicia” do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Jesús Bal y Gay, investigación a cargo de Carlos Villanueva

A renovación estética e vangardista: Galicia ollando a Europa

Jesús Bal y Gay, fillo de Concepción Gay Núñez e de Jesús Bal Roca, naturais de Santo Estevo de Uriz (Begonte), naceu en Lugo o 23 de xuño de 1905 recibindo no rexistro o nome de Jesús María, Luís e Carmelo. O seu pai, emigrante en Cuba dende os catorce anos ata os trinta e nove, regresa a Galicia e instálase na cidade de Lugo, na Ronda de Castilla, onde rexentará o negocio coñecido como Almacén de Vinos y Cereales. Alí convivirían os tres fillos do matrimonio: Luís, Carmen e Jesús, a quen a familia chamaba “Suso”…