Proxectos

O legado de Andrés Gaos achégase máis aos coruñeses cun novo proxecto expositivo

A sede de Afundación acolle a exposición coa que se pretende facer un percorrido pola vida e obra do músico coruñés, no ano que se cumpren seis décadas desde o seu falecemento en Mar do Prata.

 

O legado histórico e cultural do coruñés Andrés Gaos segue vixente hoxe en día, e desde hoxe terémolo un pouco máis preto grazas a unha nova exposición na que se realizará un percorrido pola súa vida e obra.