Proxectos

Participación de investigadores do Grupo Organistrum no IV Congreso MUSAM

Investigadores do Grupo Organistrum participaron no IV Congreso MUSAM Autenticidad, hibridación, transculturalidad: intersecciones y discursos en la música iberoamericana, celebrado no edificio histórico da Universidad de Oviedo entre o26 e o 28 de outubro de 2023.

Javier Ares, Ana María Liberal, Ilduara Vicente Franqueira, Javier Gándara-Feijóo, Sergio Camacho, María Fouz e Montserrat Capelán presentaron comunicacións que abarcaron diversos temas de música galega e americana.