Proxectos

Participación de Organistrum no III Ribadeo Ilustrado

Dentro dos actos organizados polo Concello de Ribadeo no III Ribadeo Ilustrado, farase a representación da tonadilla escénica Los gustos estragados de Melchor López (música) e Tomás de Iriarte (texto) no que colabora o Grupo Organistrum, o Consello da Cultura Galega, Agadic e o Centro Dramático Galego. Previa a representación farase unha charla impartida por Javier Gándara e Montserrat Capelán.