Proxectos

Presentación da edición da Sinfonía “En las montañas de Galicia” de Andrés Gaos (AGADIC)

Presentación da edición da Sinfonía “Nas montañas de Galicia” (AGADIC) O vindeiro xoves, día 24, ás 19 horas, na aula GAOS (nº 12) da Facultade de Xeografía e Historia, presentarase un novo número da colección Agra Vella, dedicado a Andrés Gaos, con ocasión do Ano Gaos que organiza o grupo de investigación Organistrum da USC con motivo do 60 aniversario do violinista coruñés e celebrando a doazón do Fondo Gaos, en 2017, á Universidade de Santiago.
Presidirá o acto D. Anxo Lorenzo, Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia. Tras a realización de diversas actividades en Santiago na primavera pasada, coincidindo coa exposición O Universo Musical de Andrés Gaos, que na actualidade, e ata o 17 de decembro, pódese visitar en AFUNDACION (Cantón Grande, A Coruña): edicións, concertos e conferencias, programas de radio e televisión, etc., sae á luz , editada pola Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Políticas Culturais) Dous Acordes e Agadic, a súa 2ª Sinfonía, Nas Montañas de Galicia que está ao coidado e transcrición de Joám Trillo, editor da maior parte da obra do violinista galego, con introdución de Carlos Villanueva.