Proxectos

Presentación de “Keltia. Preludio sinfónico”, obra inédita de Antonio Iglesias Vilarelle

O pasado 17 de novembro de 2023, ás 19h, presentouse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a obra inédita Keltia. Preludio sinfónico, composta por Antonio Iglesias Vilarelle. Unha homenaxe do compositor a Galicia, que hoxe está a disposición en libre acceso en edición do Consello da Cultura Galega.

Participaron no acto de presentación, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Alejo Amoedo, director do Archivo Sonoro de Galicia, Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, e José Antonio Cantal Mariño, autor do estudo introdutorio que acompaña á obra e editor da mesma.

Para máis información sobre esta efeméride, remítese á súa reseña biográfica no “Álbum de Galicia” e para máis información sobre o evento y para o acceso á edición crítica da obra, remítese á web do Consello da Cultura Galega.