Proxectos
Search
Close this search box.

XIII Memorial García-Picos 2024 en Betanzos

O vindeiro 12 de decembro de 2024, terá lugar en Betanzos o XIII Memorial Carlos López García Picos (1922-2009). Nesta ocasión, ás 19h, no Salón Azul (Edificio Liceo, Arquivo do Antiguo Reino de Galicia), presentarase o libro Cartas y otros escritos musicales de Carlos López García-Picos, do Dr. Javier Ares Espiño e editado pola Editorial Beroly en colaboración co Concello de Betanzos e co Grupo de Investigación Organistrum (GI-2025) da USC.