Proxectos
Search
Close this search box.

A Biblioteca de Galicia acolle a xornada técnica “Transformando a música en patrimonio” na que participa Laura Touriñán

O venres 31 de maio terá lugar unha nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia, co título «Transformando a música en patrimonio». Como cada ano a institución cabeceira do Sistema de Bibliotecas da nosa comunidade autónoma organiza unha serie de encontros para analizar e debater algún dos temas transversais vencellados as nosas institucións da memoria. Nesta ocasión a xornada estará centrada no patrimonio sonoro. Os documentos sonoros e audiovisuais tamén forman parte do acervo cultural dun pobo, e como tales deben preservarse e difundirse.

Entre os conferenciantes, participa Laura Touriñán Morandeira, ca ponencia “Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega: un proxecto de transferencia e difusión”, na que presenta o proxecto levado a cabo sobre Marcial del Adalid e nesta institución, que inclúe unha web monográfica e un libro sobre a efeméride.