Proxectos

Carlos López García-Picos

Carlos López García-Picos naceu en Betanzos en 1922 e exiliouse en Arxentina tras a Guerra Civil. Durante toda a súa vida mostrou un compromiso constante coa colectividade galega, que se reflicte en moitos aspectos das súas composicións, na súa actividade en varias asociacións de compositores e na súa faceta como director de distintas agrupacións corais.

En Buenos Aires asistiu a clases con Jacobo Ficher, e a estrea do ballet A farsa da procura, A. 16, valeulle a obtención dunha bolsa da Embaixada Cultural de Francia en Buenos Aires que, xunto co apoio de destacadas personalidades do galeguismo como Luís Seoane e Eduardo Branco Amor, permitiu que se embarcase rumbo a París. Alí recibiu clases de composición de Darius Milhaud e Tony Aubin no Conservatorio Nacional de París e, simultaneamente, estudou orquestración con Pierre Wissmer e dirección de orquestra con Leon Barzin na Schola Cantorum.

En 1984 regresa a Galicia e desenvolve a súa etapa máis frutífera desde o punto de vista compositivo. Falece o 23 de decembro de 2009, deixando no seu catálogo, formado por 141 obras, un amplo número de obras sinfónicas, cuartetos, obras pianísticas, para violoncello e para diversas formacións camerísticas.

Javier Ares Espiño