Search
Close this search box.

Exposición “José Fernández Vide. O trasfegar dun ourensán”

Dende o 24 de setembro ata o 24 de outubro, no primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia poderá visitarse a exposición José Fernández Vide. O trasfegar dun ourensán. O mostra que contou co patrocinio da Comisión de Actividades culturais e Normalización lingüística da Facultade de Xeografía  e Historia, foi organizada polo Grupo de … Ler máis

Doazón do Fondo José Fernández Vide á Universidade de Santiago de Compostela

Este martes, 24 de setembro, ás 12.30h, terá lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a presentación do Fondo de José Fernández Vide, doado pola familia do músico ourensán á Universidade de Santiago. No acto, presidido polo Magnífico Señor Reitor, Antonio López, participarán tamén Mª Isabel Casal Reyes, directora da biblioteca da … Ler máis

Celebración do VI Congreso ARLAC, na UNAM (México) no que participou Montserrat Capelán

Entre o 7 e 10 de agosto de 2024 celebrouse na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) o VI Congreso da Asociación Rexional para América Latina e o Caribe da Sociedade Internacional de Musicoloxía (ARLAC/IMS), adicado a Juan Franciso Sans, quen fora membro de Organistrum. No mesmo, participou Montserrat Capelán, en dúas mesas temáticas: “La … Ler máis

Cesión á USC do Fondo Macías pola familia do músico

A familia do compositor vigués Enrique Xerardo Macías Alonso (Vigo, 1958-1995) cédelle temporalmente o seu patrimonio artístico á Universidade de Santiago de Compostela mediante a modalidade de contrato comodato, reafirmando o seu compromiso coa educación e cultura. Grazas á mediación de Roberto Oliveira e o Grupo de investigación Organistrum, os fondos documentais -partituras, cartas, cintas … Ler máis

Topic Theory, música galega e Adalid, por Laura Touriñán no II SICAM 2024

Os días 20, 21 e 22 de xuño de 2024, celébrase en Valladolid o II Simposio Internacional da Comisión de Análisis Musical da Sociedade Española de Musicoloxía (II SICAM-SEdeM 2024). A investigadora do Grupo Organistrum (GI-2025) da USC, Laura Touriñán Morandeira, participa ca comunicación Análise de tópicos identitarios asociados ao galego: explorando o camiño para … Ler máis

Presentación do fondo familiar do compositor Enrique X. Macías Alonso

O vindeiro mércores 19 de xuño ás 12:30 no Salón Nobre do Pazo de Fonseca terá lugar a presentación do fondo familiar de Enrique X. Macías Alonso, recentemente depositado na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela a través dun contrato comodato. Presentado e moderado pola profesora Montserrat Capelán, intervirán Antonio López Díaz (o reitor … Ler máis

Centenario de María Luisa Nache conmemorado na CRTVG

Centenario da soprano María Luisa Nache, conmemorado na CRTVG, ca colaboración da investigadora María del Carmen Lorenzo Vizcaíno. A cantante galega Maria Luísa Nache compartiu o escenario con Maria Callas nun dos grandes momentos de ópera do século pasado: a Medea de Cherubini na Scala de Milán. Este ano celébrase o centenario do seu nacemento. … Ler máis

A Biblioteca de Galicia acolle a xornada técnica “Transformando a música en patrimonio” na que participa Laura Touriñán

O venres 31 de maio terá lugar unha nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia, co título «Transformando a música en patrimonio». Como cada ano a institución cabeceira do Sistema de Bibliotecas da nosa comunidade autónoma organiza unha serie de encontros para analizar e debater algún dos temas transversais vencellados as nosas institucións da memoria. Nesta … Ler máis