Proxectos

Redes de contacto entre músicos, literatos e ideólogos na Galicia do Eje Atlántico (1875-1951)

1-3 de decembro de 2016

A etapa comprendida entre a metade do século XIX e a Guerra Civil, foi fundamental para a definición das etiquetas que hoxe adoptamos como propias da música galega. Ao espertar do aprecio polo folclore e a súa posta en valor nos estamentos da burguesía intelectual galega da Restauración dos centros urbanos, seguiulle un cada vez maior interese en adoptar símbolos de identidade buscados nas propias raíces da nosa cultura, particularmente por medio da historia, a fala e a música. Se ben a traxectoria intelectual e os resultados prácticos non se viron exentos dun certo sentimento romántico, foi entón cando estas ideas comezaron a popularizarse cun éxito sen precedentes na nosa historia, camiñando inevitablemente ata formulacións políticas. Todo este proceso quedará truncado pola guerra de 1936, se ben os elementos ata entón identificados como “galegos” seguirán presentes en múltiples manifestacións sendo utilizados no aparato propagandístico da ditadura.

O presente simposio tratará este proceso como base do seu discurso, cunha vertente musical aínda que multidisciplinar, tomando como marco contextual as grandes urbes que integran a fachada atlántica de Galicia. A través de diferentes temáticas abordadas e do intercambio de información e opinións nas sesión de debate contribuiremos, sen dúbida, a trazar un mapa máis completo da rica vida musical galega neste período, perseguindo así un mellor e máis veraz coñecemento do noso país e da súa cultura.

 

Organizan:

I+D+I:Fondos documentales de música en los archivos civiles de Galicia (1875-1951): ciudades del Eje Atlántico (REF: HAR2015-64024-R)

Grupo Organistrum (GI-2025). Universidade de Santiago de Compostela.

Museo de Pontevedra. Deputación de Pontevedra.

 

Comité científico:

Dr. D. Emilio Casares Rodicio (Universidad Complutense de Madrid)

Dr. D. Carlos Valle Pérez (Museo de Pontevedra)

Dr. D. Carlos Villanueva Abelairas (Universidade de Santiago de Compostela)

Dr. D. Francisco J. Giménez Rodríguez (Universidad de Granada)

Dra. Dª Carmen Becerra Suárez (Universidade de Vigo)

Dr. D. F. Javier Garbayo Montabes (Universidade de Santiago de Compostela)

Dra. Dª Montserrat Capelán Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Comité ejecutivo:

Dr. D. Carlos Villanueva Abelairas (Universidade de Santiago de Compostela)

Dr. D. F. Javier Garbayo Montabes (Universidade de Santiago de Compostela)

Dra. Dª Montserrat Capelán Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)

Dra. Dª Carmen Becerra Suárez (Universidade de Vigo)

 

Secretaría:

Dª Laura Touriñán Morandeira (Universidade de Santiago de Compostela)

Dª Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno (Universidade de Santiago de Compostela)