Conmemoración do centenario de María Luisa Rodríguez Nache en conferencia por María del Carmen Lorenzo Vizcaíno
Hai escasos días cumpríanse cen anos do nacemento de María Luisa Rodríguez Nache (1924-1985) emblemática soprano que formou parte da etapa dourada operística. Con bo criterio, a Real Academia Galega de Belas Artes ofreceu unha conferencia da profesora María del Carmen Lorenzo (responsable da entrada correspondente á soprano no Álbum de Galicia do Consello da Cultura).