Proxectos

Galicia-América: Música civil, ideoloxía e identidades culturais a través do Atlántico (1800-1950) Retos 2020 (PID2020-115496RB-I00)

Ministerio de Ciencia e Innovación
Comezo: 1/09/2021
Fin: 31/08/2025

O presente I+D+i dá continuidade ao anterior proxecto ( HAR2015-64024- R), ante os bos resultados obtidos e expectativas xeradas: apertura cara a novos temas e ferramentas (música de salón, papel da muller no ámbito da música académica galega, integración de novas tecnoloxías, etc.), a incorporación de novos investigadores, a experiencia e prestixio alcanzados por mor da xestión do Fondo Andrés Gaos (doado á USC en 2017).

Partindo de propostas e obxectivos plausibles na anterior solicitude 2015, leváronse a cabo importantes traballos de referencia sobre música e autores de ida e volta no camiño Galicia-América, mercé á amplitude no coñecementos de novas fontes, a edición de partituras, o estudo e dixitalización de documentos, os intercambios entre investigadores e a evolución formativa de novos doutores orientados nos temas basee do Grupo. Todo iso, supuxo un importante achegamento á sociedade, a través de realizacións na que colaboraron institucións nacionais e internacionais, cunha deriva de formación e información notable a través de webs propias ou institucionais, producindo exposicións, documentais ou a través de concertos do novo repertorio, como campo importante de transferencia.

Experimentouse un notable avance nos diversos campos da materia e as directrices propostas: avance no coñecemento científico, creación dun importante corpus bibliográfico, catalogación e dixitalización de diversos fondos, ampliación das relacións con centros e Universidades de América Latina (Arxentina, Colombia, Cuba, México, Uruguai) e con sociedades de estudos americanistas ( MUSAM, IMBA) e Univeridades e centros de Investigación de Portugal (Instituto Politécnico do Porto, Universidade Nova de Lisboa, CESEM), así como a consolidación dun equipo humano dedicado especificamente aos temas propostos: música e emigración, papel da muller como intérprete e compositora, centros galegos en América, xéneros teatrais, música instrumental e de salón, crítica e pensamento, no que destacan a incorporación de investigadoras e investigadores noveis, egresadas e egresados saídos do labor realizado os últimos anos na área de Música da USC, así como unha alta presenza feminina.

Expoñemos agora unha propostas vertebrada en encontros de seguimento, simposios científicos, realización de exposicións, elaboración de artigos científicos, así como a edición de libros e partituras, e viaxes e intercambio científico a teor das/os diferentes especialistas do Grupo, adaptándonos a novos formatos e medios de difusión que nos permitan contribuír significativamente no campo das Humanidades dixitais e realizar por medio da Transferencia un importante retorno divulgativo dirixido á sociedade.

Integrantes

O grupo de investigación Organistrum foi creado en 2004 na Universidade de Santiago de Compostela cunha clara vocación investigadora e de difusión da música galega e americana. As súas liñas de interese inlclúen a organoloxía e iconografía medieval, a música relixiosa, civil e escénica, historiografía musical e música trasatlántica dos séculos XVIII-XX. Calificado polo Sistema Universitario de Galicia como grupo de referencia competitiva (GPC), cuenta na actualidade cun total de 21 membros entre investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, investigadores en formación e colaboradores de diferentes institucións españolas e americanas.

Equipo de Investigación

Laura Touriñán Morandeira

Investigadora postdoctoral USC – Margarita Salas